Home >

Fórmula 24 horas

Ti opinas:

FORO RADIO

 

 

 

RADIO BOQUEIXÓN é a emisora municipal do Concello de Boqueixón. Xeográficamente, Boqueixón está situado a 8 kilómetros ó sudeste de Santiago de Compostela (provincia da Coruña, Galicia).

RADIO BOQUEIXÓN  é unha emisora de servizo público, pegada á actualidade local, cercana e sensibilizada cos temas que máis preocupan e interesan ós ouvintes.

Dende o seu nacemento en 1995 son moitos os protagonistas que teñen pasado polos seus micrófonos e moitas as voces de locutores que teñen conducido programas das máis variadas temáticas (musicais, deportivos, informativos). Na actualidade, a emisora continúa a traballar no día a día para manter ben informados e entretidos ós ouvintes.

Agora, coa posta en marcha de radioboqueixon.cjb.net, a radio cobra presenza en internet as 24 horas do día. Deste xeito, os veciños poden coñecer en todo momento as noticias máis destacadas da xornada entrando na rede. 

Unha páxina web que vai dirixida, tamén, ós galegos da diáspora, ós visitantes do noso Concello e ós internautas que dende calquer parte do mundo van parar a este sitio.

Ademáis de poder escoitar a emisora online e de coñecer as últimas noticias, radioboqueixon.cjb.net ofrece unha ampla guía para coñecer a fondo o noso Concello.

Sen máis, recibe un saúdo, e... feliz estancia en radioboqueixon.cjb.net

 

 

DISFRUTA DE RADIO BOQUEIXÓN

Contacta con Radio Boqueixón a través de boqueixondirecto@yahoo.es   A web non se responsabiliza das opinións e comentarios escritos nos foros

BOS DÍAS BOQUEIXÓN, de luns a venres entre 11:00 e 14:00. Agora en internet, as 24 horas do día.

Radio Boqueixón - CONCELLO DE BOQUEIXÓN
O Forte, s/n. 15885 BOQUEIXÓN (A Coruña) 
Teléfono: 981 51 31 89

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons

(cc) 2004-2005 RB. Algúns dereitos reservados. Contacta co webmaster