|
Sintonízanos
as 24 horas do día a través de internet. Para
poder escoitarnos tan só necesitas ter
instalado o reproductor Windows Media e que o
teu ordenador dispoña de altofalantes.
radioboqueixon.cjb.net
ofréceche unha ampla oferta para escoitar
online, á que podes acceder dende os menús
situados á dereita da páxina.
Se
desexas escoitar a Fórmula 24 horas, pulsa na
seguinte imaxe.

Pulsa o
seguinte enlace para descargar Windows
Media.
¿Problemas
co audio? ¿Non o escoitas correctamente? -
Comproba que tes instalado o reproductor Windows
Media Player. Se non é así, descarga a última
versión dende este enlace. -
Pode acontecer que dispoñas do reproductor,
pero non dos codecs precisos. NOTA: Cando temos
instalada unha versión antiga do reproductor no
noso ordenador, ó conectarmos a internet o
programa soe pedirnos permiso para
instalar novos compoñentes ó detectar
que a versión está desfasada. Pulsa este
enlace para descargar os codecs
manualmente, en caso de que non se instalen
automaticamente. -
Para escoitar o audio precisas ter instalado o
navegador Internet Explorer e acceder con esta
aplicación a esta páxina. Non obstante, podes
empregar calquera outro navegador para
visualizar as páxinas das que se compón este
website, aínda que non poderás escoitar o
sonido. -
Comproba que as opcións de seguridade do
navegador Internet Explorer relacionadas cos
controis ActiveX estean correctamente
configuradas para poder escoitar o audio dende
internet. -
No caso de existir algún bloqueador de pop-ups
instalado no sistema, deberás desactivalo. -
Se o ordenador dende o que te conectas forma
parte dunha rede corporativa, pode ser que un
Firewall na rede estea a bloquear certas
conexións que fas a Internet. Neste caso,
deberás contactar co administrador da rede para
que solucione o problema. Radio
Boqueixón |