|
A parroquia de Vigo está formada por seis lugares: Caraban, Castenda, Cubelo, Melón, Rubio e Santabaya.
Especialmente fermosa é a cascada de Vigo, no lugar de Rubio,
río Záramo, onde podemos ver unha espectacular caída de auga de cinco metros de altura.
As festas e romarías máis destacadas son San Antonio, o 13 de
xuño; a festa do Polo, o primeiro domingo de xullo; a Virxe das
Dores e A Saleta, o terceiro e cuarto domingo de setembro; e Santa Eulalia e Corpus Christi, os días 10 e 11 de decembro.
En canto ó patrimonio histórico-artístico, en Vigo destaca a
Igrexa de Santa Eulalia, construcción do século XVI, que conserva no seu exterior a antiga Fonte da
Virxe das Dores, actualmente restaurada. Destaca tamén o cruceiro de Caraban e o Castro de Caraban, asentamento fortificado da idade de Ferro, en mal estado e de propiedade privada.
Radio
Boqueixón |