|
A parroquia de Oural está formada polos lugares de Camporrapado, Casal, Castro, Devesa, Iglesia, León, Lubián, Mato, Rebordaos e Villalapaz.
As festas e romarías da parroquia de Oural son San Amaro, o 15 de xaneiro; San Isidro, o domingo seguinte ó 15 de marzo; e Santa María, o 15 de agosto.
Do patrimonio artístico cultural, destacamos a ermida de San Amaro, pequena construcción do século XIX, situada en Castro; e a igrexa de Santa María, de finais do século XVIII, de estilo neoclásico. Destaca tamén o cruceiro de Devesa, a fonte de Camporrapado, cuns lavadeiros nos laterais, a Fonte de Castro, de mediados de século XVIII, e a Casa Grande de Castro.
Radio
Boqueixón
|