Home > Parroquias > LOUREDA

Fórmula 24 horas

Ti opinas:

FORO RADIO

 

 

Lo

Postal sonora de Loureda: Boqueixón A FONDO

-

      Loureda é unha das parroquias de máis extensión do Concello de Boqueixón. Está formada polas entidades de Agra, Caneda, Iglesia, Lamparte, Loureda, Midón, Moa, Outeiro e Pena. 

      Predominan os hórreos de planta cuadrada, semellantes ós asturianos, que contrastan co tradicional hórreo galego, de planta rectangular. En total, hay entre 20 e 25 hórreos; os máis antigos son os de Midón e Outeiro.

      Atopamos tamén fontes, como a Fonte do Rato e a Fonte da Cova. Lugar interesante é o Monte Castelo, dende o que se divisa Santiago de Compostela, e onde existe un xacemento arqueolóxico case destruído.

      As festas máis destacadas de Loureda son San Pedro, Santísimo e o Rosario, os días 29 e 30 de xuño e o día 1 de xullo; e Nuestra Señora del Carmen, o primeiro domingo de agosto. O patrimonio histórico cultural confórmano a Igrexa de San Pedro, de finais de século XVI, reformada a principios do XX, o cruceiro de A Iglesia, e a ponte de Caneda, que antigamente comunicaba as parroquias de Vigo e Loureda.

Radio Boqueixón

 

 

Contacta con Radio Boqueixón a través de boqueixondirecto@yahoo.es   A web non se responsabiliza das opinións e comentarios escritos nos foros

BOS DÍAS BOQUEIXÓN, de luns a venres entre 11:00 e 14:00. Agora en internet, as 24 horas do día.

Radio Boqueixón - CONCELLO DE BOQUEIXÓN
O Forte, s/n. 15885 BOQUEIXÓN (A Coruña) 
Teléfono: 981 51 31 89

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons

(cc) 2004-2005 RB. Algúns dereitos reservados. Contacta co webmaster