|
A parroquia de Lestedo está formada por once lugares: Ardarís, Cachosenande, Cusanca, Lestedo, Milleirós, Pazos, Picota, Ramil, Rubial, Troitimil y Vilar. Por Lestedo
atravesa a N-525, que comunica Santiago con Ourense.
É no 914 cando aparece o primeiro documento que cita a Lestedo.
Producto típico de Lestedo é a tarta de Queixo, comercializada máis alá das nosas fronteiras. Foi
a partires do ano 1984 cando Orlando Vázquez comezou a amosar este
producto típico da comarca, conseguindo que fora parada para os
viaxeiros.
Os lugares de maior interese en Lestedo son a Cascada de Ramil, no río Pereiro, e o Centro de Interpretación do Pico Sacro, antiga casa rectoral situada en
Cachosenande.
Festas e romarías destacas en Lestedo son as seguintes: Festa da Filloa, último domingo de
entroido; romaría de San Sebastián, o 20 de xaneiro e o último domingo de
maio; Nosa Señora, os días 15, 16 e domingo seguinte de agosto; e
Nosa Señora de Lourdes, na segunda fin de semana de
setembro.
Son varios os monumentos que temos na parroquia de Lestedo. Comezamos polas edificacións
históricas, como a capela de Nosa Señora de Lourdes, de finais de século XIX e estilo neoclásico. Atopamos tamén a Igrexa de Rubial, que conta con pinturas no prebisterio do século XIII;
e a Igrexa de Santa María, que empezou a construírse a principios do século pasado.
Finalmente, atopamos unha serie de cruceiros pola parroquia: o cruceiro de Rubial, o de Cachosenande, o de Castrelo, o de Pazos e o cruceiro de A Feira.
Radio
Boqueixón
|