|
A parroquia de Santa Eulalia de Codeso intégrana o seguintes
lugares: Ardesende, Casaldesuso, Casalvieito, Engas, Outeiro e
Santaya. Desta parroquia destacan as fervenzas de Codeso, una das
cales está situada no lugar de Balado, a 100 metros da ermida de
San Paio, e que en
inverno fascina pola espectacularidade que provoca a caída da
auga. A outra cascada, de sete metros de altura aproximadamente, ten
a súa orixe no río Pontillón.
Na nosa viaxe atopámonos co Mirador “Pena do Corvo”, duns 340
metros de altura e con vistas ó barranco do Gundián, Ponte Ulla.
Por certo, disque existe a pegada dunha cabra sen descobrer e
baixo a cal existe ouro.
As festas máis destacas de Codeso son o domingo de Entroido; San
Antonio e San Paio –no derradeiro domingo de xuño-; e Santa
Eulalia, Santísimo e o Carme, na segunda fin de semana de
decembro.
Ó século XVII pertence a ermida de San Paio, a carón do Río Pontillón, coñecido
por río Cabaleiros, e que conserva a “Fonte do Santo” con
antigos lavadeiros. Máis moderna, de finais do século XIX, aínda
que definida por un estilo románico, érguese
a igrexa de Santa Eulalia. Codeso tamén conserva os
cruceiros de Ardesende e de A Iglesia,
as Casas Grandes de Romay –antiga residencia de
militares- e Balado –de finais do século XVII- e a Casa de
Matelo, do ano 1702 e ó que pertencía o muíño de Matelo.
Radio
Boqueixón
|