Home > Parroquias > SERGUDE

Fórmula 24 horas

Ti opinas:

FORO RADIO

 

 

Se

Postal sonora de Sergude: Boqueixón A FONDO

-

     Sergude é a parroquia máis grande en extensión e número de habitantes. Está composta por doce lugares: Deseiro de Arriba, Deseiro de Abaixo, Gándara, A Iglesia, Lamas, Mareque, Noenlle, Pumares, Rodiño Grande, Rodiño Pequeño, Quián e Vilar.

      As festas e romarías máis destacadas son San Antonio e Santísimo, a segunda fin de semana de xuño; a romaría de San Bieito, o segundo domingo de xullo; a festa do Feixón, o día anterior á romaría de San Bieito; San Verísimo, a primeira fin de semana de outubro; e o domingo de Carnaval.

      O patrimonio histórico-artístico da parroquia de Sergude está constituído pola Igrexa de San Verísimo, do século XVIII, a capela de San Bieito, o Cruceiro de Rodiño, o Cruceiro de A Iglesia, a Ponte de Busacos, de estilo románico, ubicada na Gándara, o Pazo de Quián, reconstruído e actualmente ocupado polas dependencias da Escola de Extensión e Capacitación Agraria, e a Cibda de Aixón, onde hai indicios de haber existido un antigo asentamento romano.

Radio Boqueixón

 

 

Contacta con Radio Boqueixón a través de boqueixondirecto@yahoo.es   A web non se responsabiliza das opinións e comentarios escritos nos foros

BOS DÍAS BOQUEIXÓN, de luns a venres entre 11:00 e 14:00. Agora en internet, as 24 horas do día.

Radio Boqueixón - CONCELLO DE BOQUEIXÓN
O Forte, s/n. 15885 BOQUEIXÓN (A Coruña) 
Teléfono: 981 51 31 89

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons

(cc) 2004-2005 RB. Algúns dereitos reservados. Contacta co webmaster