Home > Parroquias > PONTE LEDESMA

Fórmula 24 horas

Ti opinas:

FORO RADIO

 

 

PL

Postal sonora de Ponte Ledesma: Boqueixón A FONDO

-

      A parroquia de Ledesma intégrana os lugares de Ledesma, O Monte, Noente, A Ponte e Vila. Esta parroquia, bañada polo río Ulla e desembocadura do río Deza, é idónea para a práctica da pesca de troita, salmón e esculao.

      Ó pé da Ponte románica do río Ulla hai catro illas unidas entre sí por unha serie de pequenas pontes, son as illas de Gres, acondicionadas con mesas, bancos e asadores de pedra para que veciños e visitantes disfruten do seu tempo de lecer. Tamén hai unha praia fluvial que na época de verán énchese de xente.

      As citas festivas máis destacadas da parroquia de Ponte Ledesma son o Certame de Bandas Populares, o primeiro domingo de maio; San Salvador, os días 6, 7 e 8 de agosto; San Ramón, o día 31 de agosto; Nosa Señora do Rosario, o 7 de outubro; e o sábado de Carnaval.

      Da parroquia de Ponte Ledesma, xa no ámbito histórico-artístico, destacamos a Igrexa de San Salvador de Ledesma, do ano 1754; e a ponte románica, de finais de século XVI, e que consta de nove arcos de pedra de granito.

Radio Boqueixón

 

 

Contacta con Radio Boqueixón a través de boqueixondirecto@yahoo.es   A web non se responsabiliza das opinións e comentarios escritos nos foros

BOS DÍAS BOQUEIXÓN, de luns a venres entre 11:00 e 14:00. Agora en internet, as 24 horas do día.

Radio Boqueixón - CONCELLO DE BOQUEIXÓN
O Forte, s/n. 15885 BOQUEIXÓN (A Coruña) 
Teléfono: 981 51 31 89

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons

(cc) 2004-2005 RB. Algúns dereitos reservados. Contacta co webmaster