|
Loureda é unha das parroquias de máis extensión do Concello de Boqueixón. Está formada polas entidades de Agra, Caneda, Iglesia, Lamparte, Loureda, Midón, Moa, Outeiro e Pena.
Predominan os hórreos de planta cuadrada, semellantes ós asturianos, que contrastan co tradicional hórreo galego, de planta rectangular. En total, hay entre 20 e 25 hórreos; os máis antigos son os de Midón e
Outeiro.
Atopamos tamén fontes, como a Fonte do Rato e a Fonte da Cova. Lugar interesante é o Monte Castelo, dende o que
se divisa Santiago de Compostela, e onde existe un
xacemento arqueolóxico case destruído.
As festas máis destacadas de Loureda son San Pedro, Santísimo e o Rosario, os días 29 e 30 de xuño e o día 1 de
xullo; e Nuestra Señora del Carmen, o primeiro domingo de agosto. O patrimonio histórico cultural confórmano a
Igrexa de San Pedro, de finais de século XVI, reformada a principios do
XX, o cruceiro de A Iglesia, e a ponte de Caneda, que antigamente comunicaba as parroquias de Vigo e Loureda.
Radio
Boqueixón |