Home > Parroquias > LESTEDO

Fórmula 24 horas

Ti opinas:

FORO RADIO

 

 

Le

Postal sonora de Lestedo: Boqueixón A FONDO

-

      A parroquia de Lestedo está formada por once lugares: Ardarís, Cachosenande, Cusanca, Lestedo, Milleirós, Pazos, Picota, Ramil, Rubial, Troitimil y Vilar. Por Lestedo atravesa a N-525, que comunica Santiago con Ourense. 

      É no 914 cando aparece o primeiro documento que cita a Lestedo. Producto típico de Lestedo é a tarta de Queixo, comercializada máis alá das nosas fronteiras. Foi a partires do ano 1984 cando Orlando Vázquez comezou a amosar este producto típico da comarca, conseguindo que fora parada para os viaxeiros.

      Os lugares de maior interese en Lestedo son a Cascada de Ramil, no río Pereiro, e o Centro de Interpretación do Pico Sacro, antiga casa rectoral situada en Cachosenande.

      Festas e romarías destacas en Lestedo son as seguintes: Festa da Filloa, último domingo de entroido; romaría de San Sebastián, o 20 de xaneiro e o último domingo de maio; Nosa Señora, os días 15, 16 e domingo seguinte de agosto; e Nosa Señora de Lourdes, na segunda fin de semana de setembro.

      Son varios os monumentos que temos na parroquia de Lestedo. Comezamos polas edificacións históricas, como a capela de Nosa Señora de Lourdes, de finais de século XIX e estilo neoclásico. Atopamos tamén a Igrexa de Rubial, que conta con pinturas no prebisterio do século XIII; e a Igrexa de Santa María, que empezou a construírse a principios do século pasado. 

      Finalmente, atopamos unha serie de cruceiros pola parroquia: o cruceiro de Rubial, o de Cachosenande, o de Castrelo, o de Pazos e o cruceiro de A Feira.

 

Radio Boqueixón

 

 

Contacta con Radio Boqueixón a través de boqueixondirecto@yahoo.es   A web non se responsabiliza das opinións e comentarios escritos nos foros

BOS DÍAS BOQUEIXÓN, de luns a venres entre 11:00 e 14:00. Agora en internet, as 24 horas do día.

Radio Boqueixón - CONCELLO DE BOQUEIXÓN
O Forte, s/n. 15885 BOQUEIXÓN (A Coruña) 
Teléfono: 981 51 31 89

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons

(cc) 2004-2005 RB. Algúns dereitos reservados. Contacta co webmaster