|
Santa Mariña de Gastrar está a carón do Concello de
Touro e dela forman parte os lugares de Casalpegito, Gastrar, Giadás,
Iglesia, Regengo, Trion e Vilaboa.
Na parroquia existe unha área recreativa para a familia, un
agradable espazo de descanso e lecer, con bancos, asadores e
parque infantil, xunto un río, o Castro de Gastrar e ante a
presenza dunha carballeira.
As festas e romarías da parroquia son Santa Mariña, os días
18, 19 e 20 de xullo, e Nosa Señora do Socorro, o primeiro
domingo de agosto. A nivel histórico destaca a Igrexa de Santa
Mariña, que conta no seu interior cun retablo barroco restaurado
no século XVIII.
Radio
Boqueixón |