|
A parroquia de Boqueixón da nome ó Concello ó que pertence.
Orixinariamente procede do nome de San
Vicente de Boqueixón. Estamos a falar dunha parroquia que
comprende as entidades de Casanova, Forte, Iglesia, Lamparte,
Maravexas, Orto, Piñeiro de Arriba e Piñeiro de Abaixo.
En Forte é onde o Concello ten a sede da Casa Consistorial, a
aproximadamente 15 quilómetros da capital de Galicia, Santiago de
Compostela. Non obstante, tamén foron capitais municipais,
segundo se desprende de testemuñas escritas de hai dous séculos,
Iglesia e Casanova.
Festas destacadas na parroquia de Boqueixón son o día 22 de
xaneiro, San Vicente, e o último fin de semana de agosto, San Xosé
o Santísimo.
En Iglesia atópase a igrexa de San Vicente, construída no 1790,
segundo acredita unha inscrición na entrada principal. Pero o monumento máis antigo data do
ano 1640; é o Cruceiro de Orto, en bo estado de conservación,
ubicado diante dunha capela de planta rectangular. Tamén
atopamos a Casa Grande en Orto, que conserva un piorno de madeira, o Cruceiro de Piñeiro e a presencia dun
castro preto da
igrexa.
Radio
Boqueixón
|